Trasno

Trasno foto cartelPodes soñar coa maxia, a risa, a emoción e a tenrura que che transmite un espectáculo cheo de diferentes combinacións circenses creadas por esteartista, Pablo Trasno.

Capaz de facerte sorrir coas súas fazañas cómicas aparentemente improvisadas , capaz de facerte vibrar cos seus malabarismos traballados cunha técnica coidada, capaz de facerte voar cos seus números acrobáticos creados co esforzo dun adestramento físico constante e emocionarte ó remate do espectáculo polo humilde agradecemento sempre presente neste artista co seu público.

Pablo Trasno, esfórzase para que cada día o seu traballo avance buscando novas formas de expresión para o seu traballo. Para que cada día o seu espectáculo sexa único. Para levado o límite. E esa constante evolución a que fai que os espectáculo teña tanto éxito. Integra circo, música, danza e teatro para despois mostralo sobre un escenario ou na rúa. Este último espazo é o preferido por Pablo pola súa proximidade co público e polo respecto que sente pola xente que camiña polas rúas e se paran a ver o que sucede nun círculo pechado onde se mostra a súa actuación.

Trasno é o espectáculo individual que fixo a Pablo Reboleiro coñecido no mundo. Representouno e lugares tan dispares coma Arxentina, Brasil, Rusia ou a India, chegando a públicos tan diferentes co seu humor atolado.

Video promocional

FICHA TÉCNICA
Contidos: malabares, acrobacias, equilibrios, clown, improvisación, música, participación do publico Espazo escénico mínimo : 2,5x5x3m
Tempo de montaxe: 1 hora
Tempo de desmontaxe: 1⁄2 hora
Necesidades técnicas: camarín con auga e espellos. Acceso do vehículo ó lugar da actuación. Toma de corrente.
Xénero: teatro de rúa (adaptable a espazos interiores)
Tipo de público: para tódolos públicos.

DURACIÓN: 50-70 min.

Fotos

  • En Santiago de Cuba

  • En Palestina

  • Improvisando co público

  • Acrobacias

  • Risco

  • Equilibrios

%d bloggers like this: