Algunha vez quixeches ser astronauta? Piloto de Formula 1? Estrela do Rock? Xogar na NBA?
Se contestas afirmativamente a calquera destas preguntas estás listo para ver o show que demostra que se pode ser todo iso e moito mais durante unha hora de sketch feitos con baixo, batería, acordeón, rimos con balóns de baloncesto, acrobacias, risas, máis risas, moitas risas…
Circo, música e humor nun coctel impensable de tres amigos con personalidades opostas unidos para mostrar a bondade e saúde de ser un mesmo…
Circo música e humor creando un arriscado exercicio cómico no límite do absurdo…
Un espectáculo absolutamente disparatado, para rir e facer rir dende o ritmo.
Advertencia:
Este show non é un medicamento. Lea atentamente o folleto de man. Non consulte ás críticas para vir a vernos. É un consello ada Asociación de Patafísicos Ringo Rango Productions
Video Promocional
Ficha artística:
Dirección: Rolando San Martín e Marcos Orsi
Dramaturxia: Ringorrango e Rolando San Martín e Marcos Orsi
Elenco: Aitor Garuz, Pablo Reboleiro, Arturo Cobas
Adestramento Rítmico: Xurxo Troncoso
Escenografía e Atrezzo: Ringorrango
Vestiario: Cloti Vaello
Deseño de Iluminación: Fidel Vázquez
Música Orixinal: Aitor Garuz, Pablo Reboleiro, Xabier Mera
Imáxe gráfica: Alberto Guitián
Fotografía e Vídeo: Francisco Arnoso
Posproducción e son: COH3
Técnico Auxiliar de son: COH3
Ficha Técnica:
Duración: 60 min
….