Este termo provén do xaponés: Kami (divino) e Kaze (vento).
A homenaxe pola morte do Sr. Kamikaze reúne aos
seus estraños camaradas nunha cerimonia que
repiten solemnemente cada ano.
Un tipo gris e aburrido chega alí de xeito accidental.
Quen era este morto para merecer tantos honores?
Por que despois da morte celébrase tanto a vida?
Será que a vida é tamén unha kamikaze?
Este é o punto de partida do primeiro espectáculo de PistaCatro Produtora de Soños como compañía, en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG). Sete persoas provenientes do circo, do teatro e da música arredor dun concepto: kamikaze; e partindo dunha intención: ensamblar as súas experiencias e coñecementos individuais nun espectáculo multidisciplinar e anovador da escena galega.
Trátase dunha metáfora visual e irónica das relacións entre as persoas, do poder da individualidade, da diferenza de carácter entre personalidades e do resultado de compartir esas diferencias nun obxectivo común. A unión fai a forza. Kamikaze: vento divino.
Kamikaze é o punto de encontro entre sete personaxes absolutamente radicais, no límite entre a vida e a morte en cada unha das súas accións. Son personalidades de moi forte carácter, individualistas e cada unha coa súa propia loucura excéntrica. Sen embargo veranse na obriga de emprender unha acción conxunta na que terán que deixar de lado as súas conductas habituais en solitario para colaborar no éxito da empresa, e quen sabe se axudándose tamén a saír con vida da misión…
Kamikaze en canto ó arriscado das técnicas de circo: a acrobacia, o minitramp, a báscula rusa, os malabares, o movemento.
Kamikaze en canto á natureza do proxecto, un saltar ó baleiro, unha acción suicida, unha creación colectiva, unha investigación de novas linguaxes aínda sen explorar, as luces e sombras dun grupo de persoas que unen as súas forzas para realizar algo arriscado.
Kamikaze en canto á situación e á personalidade arroutada dos membros da compañía. Este concepto e estas personaxes son tamén unha metáfora do momento no que se atopa o colectivo. Despois de espallarse polo mundo para aprender e para realizar diferentes proxectos artísticos, os seus membros volven ó lugar de orixe para reunirse nunha empresa común: unha reunión de kamikazes que se van a poñer a proba unha vez máis, esta vez en conxunto. A unión fai a forza. Kamikaze: vento divino. Kamikaze, que foi inmolado por primeira vez o día 14 de xuño do 2007 no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
Dirección e dramaturxia Hernán Gené
Axte. de dirección Marta Pazos
Textos Pistacatro e Hernán Gené
Coreografías Pistacatro, Hernán Genén e Marta Pazos
Alfonso Medina, Atila, o acróbata ingrávido. Saxo alto.
Manuel Lago Mateo, o manipulador de soños. Melódica
Xabier Mera Bastián da Silva, o domador de zootropos. Guitarra
Natalia outeiro “Pajarito” Miseta, a maga do vento divino. Xil fono
Antón Coucheiro Serafín Gris, funcionario aprehensivo e patolóxico. Acordeón
Borja Fernández Irish, o aviador esquizoide. Serrón, batería, trompeta e ukelele
Pablo Reboleiro Sabino Venada, unha ecuación sen incógnita. Acordeón, concertina e guitarra rítmica.
Preparación física: Uxía Vaello e David Loira
Preparación rítmica: Marcos “PTT” Carballido
Preparación vocal: Nuria Gullón.
Escenografía, atrezo e vestiario: Carlos Alonso
Atrecistas: José Perozo e Santos Carrera
Auxiliares de escenografía e atrezo: María Chenut, Pepe Guitián, Miguel Iborra
Xastra: Cloti Vaello
Deseño de iluminación: Alfonso Castro
Efectos especiais: Spencer SFX e José Perozo
Música orixinal: Xabier Mera, Borja Fernández (trompeta elexía) e José Díaz (canción de Serafín Gris)
Gravación musical: Estudios Son natural
Posprodución de son: Xabier Olite e Xabier Mera
Técnico auxiliar de son: Hugo Torres
Imaxe gráfica: Alberto Guitián
Fotografía e vídeo: Francisco Arnoso
Produción: Jose Díaz
Administración: Guillermo González
Dinámica de grupo: Expo (Asoc. Lilith)
Xénero: Novo Circo.
Tipo de público: para tódolos públicos.
Duración: 75 minutos.
Video Promocional