Encontros (Lusco e Fusco)

luscoweb1Dous artistas que se atopan, como cada ano, chegou o momento de xuntarse, chegou o día de quedar. Unha vez máis veranse as caras, que xa non son as mesmas da última vez, o camiño deixou marcas. Novas ilusións, proxectos, algunha cicatriz, novos amigos, novas historias que contar. E seguirán sendo os mesmos. Como cada ano, xúntase para rir, para berrar, para escoitar. Para chorar ou calar, xúntanse para xogar.

Unha posta en escena das relacións humanas a través do movemento e do humor, da habilidade e da expresión. Que é o que buscamos duna amizade? que pedimos no traballo? que ofrecemos á nos a parella? Cada persoa poderá identificar unha emoción vivida nas andanzas dos personases.

luscoweb3

Encontros é un espectáculo multidisciplinar, onde o teatro físico, a danza e o novo circo se conxugan para crear un código propio de expresión, un punto de partida para comunicar, para contar ó público as inquedanzas que nos invaden. A comedia e o virtuosismo forman parte desta montaxe ecléctica onde dúas persoas se recoñecen despois dunha tempada sen verse, tómanse de novo as medidas, tócanse, úlense, séntense, e comezan de novo o seu camiñar, xuntos.

As habilidades físicas e interpretativas dos actores serán o lenzo no cal as emocións debuxan a historia, sinxela, onde as personaxes viaxarán pola sinuosa liña das relacións humanas; amosando tódalas cores que hai dentro de cada un de nós, expoñendo dende a bondade máis verdadeira ata a maldade máis extrema. Danza, acrobacia, equilibrios, manipulación de obxectos e xogos malabares estarán ó servizo da narración teatral. Serán as ferramentas que usarán os artistas para acompañar ó espectador neste percorrido polo acto da comunicación entre dúas persoas.

luscoweb2A Equipa

Lusco e Fusco xurde da unión de dous dos artistas máis carismáticos do panorama do novo circo e teatro físico galego: Alfredo Pérez: Circanelo, e Pablo Reboleiro: Trasno. Os dóus teñen formación circo, teatro físico e danza, e unha experiencia laboral moi similar, baseada en espectáculos de rúa unipersonais con contacto e comunicación directas co público e shows de teatro con personaxes que xorden da fisicaliade corpo. Os dous serán os creadores, xeradores de material e intérpretes do espectáculo, codirixindo con Pablo Sánchez a peza.

Contan coa colaboración de David Loira e Alexis Fernández cómo coreógrafos, Alfonso Castro como diseñador de luces, Fran Pérez NARF, como creador do espacio sonoro e Clotilde Vaello como Xastra.

Video Promocional

 

 

Primeiros 10 minutos

 

Fotos

%d bloggers like this: